blix



Xosé A. Neira Cruz: O xenio do Sultán
Ilustracións de Xulia Barros

Col. A maxia das palabras. Dirección Xeral de Política Lingüística.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 1998

O xenio do sultán

Conta a historia que houbo unha vez un sultán en Turquía que tiña canto podía desexar e mesmo era razoablemente querido polos seus súbditos. Pero non se sentía satisfeito: quería ter un xenio ao seu servicio, como os monarcas dos contos que lle leran de neno.
Convocou a visires e sabios pero ningún soubo dicirlle cómo atopalo, polo que mandou que lles cortasen a lingua. Tampouco sabían os serventes do pazo. Alí Bai, mozo tan espelido como pobre, aconselloulle que revisase as lámpadas do reino por se, como no conto de Aladino, se agachaba o xenio nalgunha. E, para evitar que calquera criado o atopase antes ca el, debía refregar cada unha o sultán persoalmente. Seguiulle este o consello e pechouse nos seus apousentos, feito que aproveitou o consello de anciáns para substituír o tirano por Alí Bai, quen por certo só aceptou quedar como gran visir, para que ningún home do reino subise tan alto que esquecese a lingua do seu pobo.

22 p. - 14x10 cm.                                                                D.L.    C-789/1998



Opinion