 |
A nai chámalle a
atención a Xoán por abrir tanto a billa pois zarrapícase e
perde moita auga. E nunha casa gástase moita auga no día a
día Este comentario lémbralle unha historia, que lles
conta: Hai moito tempo, unha señora tiña dous fillos xemelgos
aos que trataba de educar como boas persoas. Pero un veciño, que
quería quedar co eido da familia, tentaba inimigar os dous
irmáns. Como na súa casa, igual que en moitas outras, non
había billas nin baños, tiñan que ir os dous irmáns
á fonte todos os días con cadanseu caldeiro. O veciño
fíxolle un buraco a un dos caldeiros mais non lle valeu de moito, porque
o irmán que o levaba a rebordar enchíalle o do outro furado para
que non lle rifasen na casa. Despois dun tempo, os pais dos xemelgos morreron,
deixándolles dous terreos e unha casa en herdanza. Mais, para pesar do
veciño, non liaron pola casa senón que acordaron facer outra no
eido sen vivenda e restaurar a vella. E isto ocorreu así porque os
xemelgos sempre seguiran os bos consellos da súa nai e dos libros que
leran. Álbum con ilustracións figurativas e directas de cores
chamativas. |