|
Érase unha vez un xastriño que un día de
verán matou cun farrapo sete moscas dun golpe. Bordou no cinto en letras
grandes "Sete dun golpe" e saíu polo mundo fachendear da súa
fazaña. Á saída da vila, retado por un xigante a quen
guindaba unha pedra máis lonxe, superouno ceibando un paxaro que atopara
enredado nunha silveira; logo, axudoulle a levar unha aciñeira enorme
cargando supostamente coas ramas, pero sentado nelas; cando saíu voando
en canto deixou de agarrar o xigante a copa dunha cerdeira, enganouno novamente
alegando que escapaba dos disparos duns cazadores; entón o xigante
intentou saltar tamén e quedou enleado na ramaxe. Seguiu andando o
xastriño ata chegar a un pazo. A xente ao verlle o cinto coidouno un
heroe, polo que o mandou chamar o rei, que lle ofreceu a súa filla a
cambio de matar a dous xigantes do bosque sen que lle tocasen un pelo. Cando
estaban durmindo debaixo dunha árbore, tiroulles pedras sen que o visen,
polo que, culpándose mutuamente, acabaron liados nunha loita tremenda e
matáronse. Pero o rei negoulle a recompensa: debía matar antes o
unicornio que domina o bosque. Eludindo a súa embestida, fixo que
cravase o corno contra unha árbore, atoulle unha corda ao pescozo,
cortoulle o corno cunha machada e levouno onda o rei, que lle esixiu unha
terceira condición: cazar un xabaril que causaba grandes estragos no
reino. Cando este foi cara a el para esmagalo, correu ata unha capela, onde o
deixou pechado escapando por unha fiestra. Entón o rei tivo que cumprir
a súa promesa, e a voda fixo do xastre un rei. Adaptación a
partir do texto de W. e J. Grimm ilustrada con atractiva técnica de
colaxe. |