| Colectivo
Crisol: Xan sen coidados Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2000 |
|
Houbo unha vez un home que non se preocupaba por nada. Todo o
que lle acontecía parecíalle ben. Sabedor o rei da súa
existencia, mandouno chamar e buscoulle coidados: as respostas ás
preguntas de cánto pesa a lúa, cántas xornadas hai ata o
ceo e cál é o prezo da persoa do rei. Por ben voltas que lle deu,
non atopou as respostas ata que un pastor llas dixo: a lúa pesa unha
libra xa que ten catro cuarteiróns; ata o ceo hai unha xornada, pois non
existen tabernas nas que parar e o rei vale vintenove moedas, unha menos das
que valeu Cristo. |
|