blix



María Victoria Moreno: ¡Xa non teño medo!
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. A maxia das palabras.
Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 1998

¡Xa non teño medo!

A voz poética dun neno conta como dorme na bufarda e aprende que o silencio da noite é unha festa a partir das doce da noite. Saen entón todos os seus amigos do armario: os gatos, a bolboreta, os lagartos, as lucernas...
Ollando o ceo, os homes dos mundos das estrelas fan que repare na vida do seu barrio, onde habitan tamén os farois amigos dos borrachos, os varredores ou a ambulancia.
Descobre así que a noite está chea de amigos e ¡xa non ten medo!
A este fermoso conto en verso acompáñano unhas ilustracións moi coidadas.

22 p. - 14x10 cm.                                                                D.L.    C-786/1998



Opinion