| Susana Casal /
Xosé López: Xanardán e a
becha Ilustracións de Birís Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
|
Cando Xanardán foi ao monte, unha cobra pediulle axuda
pois quedara entalada debaixo dun penedo. Facendo panca cun ferro liberouna.
Unha vez libre, a serpe quíxoo papar pretextando que levaba moito tempo
sen comer. Como el lle reprochou que non fose agradecida, acudiron a falar co
raposo, que era o avogado daquel lugar. Ao que este os escoitou, decidiu que
fosen ao lugar onde ocorreran os feitos, para reconstruílos. Unha vez
que a cobra se puxo debaixo da pedra, díxolle o raposo "se así
estabas así quedas". Alí a deixou e marchou rindo en
compañía de Xanardán. |
|