blix



Anxo Fariña: Xabi no pode durmir
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2004

Xabi non pode durmir

Xabi non xogaba co resto dos nenos. Estaba moi canso porque non durmía ben polas noites por culpa dos pesadelos. Aconsellado polo seu curmán maior, unha noite chamou polo Señor dos Soños, que se lle apareceu, logo de adormecer, nun cuarto estraño dándolle o remedio: tiña que liberarse dos pesadelos el mesmo, pasando a través da porta vermella ao País dos Soños Perdidos. E alá foi o rapaz.
Pasou polo Bosque das Árbores Dormentes. Entrou no Campo das Herbas Cantantes, que entoaban cancións de berce para que as árbores tivesen bos soños. No lago dos peixes voadores o Doutor Lagofondo ofreceuse a lavarlle os miolos coa auga, polo que Xabi fuxiu asustado, índose meter no fondo do lago, onde o atrapou un polbo xigante, que o deixou marchar a cambio do seu gorro de durmir. Bateu nun fermoso deserto de area e cores, no que voaba unha man xigante cun ollo enorme que pretendía plantar flores na súa cabeza: así en vez de pesadelos tería flores. Ata que regresou onda o Señor dos Soños, quen lle explicou que os monstros que vira eran os dos seus pesadelos, e vencéraos co seu valor.
Desde aquela Xabi xa non tivo pesadelos e volveu xogar cos amigos. Aínda que nunca recuperou o gorro de durmir...
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-22-X



Opinion