| Ana Carreira:
O vixilante dos soños Ilustracións de Noemí López. Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006 |
|
Desde bebé Sonólicus durmía
pegadiño á fiestra coas cortinas abertas para poder mirar a
Lúa. Así non tiña medo. Cando volvía da escola,
xogaba a pisar os charcos do camiño, pero só os que a Lúa
deixaba sen reflexo, non fose mancala. Ás veces xogaban ás
agachadas: ela desaparecía, reaparecía pequeniña con forma
de unlla recén cortada e logo medraba ata que se poñía
redonda e resplandecente. El rompía os espellos da casa,
colocábaos para que Lúa se reflectise neles e gardábaos na
súa caixa secreta dos tesouros. No xardín, estiraba moito os
brazos cara a ela ata que quedaba durmido. Comezou a estar máis esperto
nas noites que nos días. Quería chegar á Lúa para
saber se era dura ou branda ou quente ou suave... |
|
|
![]() |
Ana Carreira: O
vixilante dos soños Ilustracións de Noemí López Col. No país dos contos, 13 Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007 Reedición noutra colección 28 p -18x20 cm ISBN 84-9815-795-1/978-84-8288-992-4 |