| María
Reimóndez: A videconsola Ilustracións de Lino Sánchez Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2006 |
![]() |
Por lle atopar os lentes, un cliente regálalles aos tres
amigos unha videconsola. Cando Ulises toca un botón, é absorbido
pola máquina e tamén logo Uxía e Brais. Guiados por unha
voz terán que ir pasando de pantalla logo de superar diferentes probas:
liberar o príncipe cativo na torre de Baiona con bólas que
converten os arqueiros en bolboretas; chegar á Virxe da Roca,
aínda que os chanzos son móbiles; abrir as ostras de Arcade, que
veñen voando; botarlles auga non ventre a cen mulleres na ponte da
Ramallosa para que poidan ter fillos; desfacer as momias de San Simón
tirándolles as vendaxes; reconstruír o templo votivo do mar en
Panxón, pois Uxía pode saltar e ficar no aire; facer as burras en
Redondela levando a rapazas no lombo durante o baile de Corpus; soprar para
evitar que tape o concello de Porriño un muro de granito; recuperar o
tesouro agochado baixo a ponte de Rande; facer de socorristas na praia do Vao
rescatando bañistas a moreas; atopar un cadro agachado no xardín
botánico do Pazo de Castrelos; descansar no Berbés; saber para
que serve o guindastre en Bouzas; recoñecer o edificio do antigo
concello na Praza da Princesa; apagar o lume da Colexiata, que o pirata Drake
incendiara; botar unha carreira de coches dende a Porta do Sol deica a Praza de
España. E acaban no Castro, xa con ganas de volver á
casa. |
|
|
|||||||||||||