blix



Mon Daporta Padín: Viaxe fatal
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 15. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

Viaxe fatal

Un día foron de viaxe no coche todos os ratiños. Ao pouco de saír furouse unha roda e botaron unha hora arranxando a picada. Despois calouse o motor: outra hora de reparación. Como enredaran tanto, metéronse por un atallo, pero quedaron atrancados na lama ata que os veu sacar un tractor. E como xa era moi tarde para chegar onde ían, deron a volta, pero acabouse o gasoil. ¡E tiveron que volver empuxando no coche!
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o conto, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-15-7



Opinion