|
Verlioka, un terrible xigante con barba longuísima, o
nariz ganchudo e un ollo só, apodérase dunha rapaciña
cando os avós lle encomendan ir espantar os paxaros para que non coman
os chícharos, e logo da súa irmá, ao se ir interesar pola
sorte desta. A avoa tamén se atopa co xigante cando chega á horta
na busca delas, mais ofrécelle resistencia pelexando e cae ao chan,
rendida. Cando o avó acode para saber o que ocorrera, emprende unha
marcha co seu bastón de ferro á busca do xigante. Polo
camiño únenselle en ringleira unha oca desplumada, o esqueleto
dun mil razas, un burro rabón e unha cabra cun corno si e outro non.
Agachados na cabana do xigante, cagándolle na boca, coa dentadura do mil
razas, enredándolle o rabo entre as pernas o burro, cunha cornada da
cabra e mais o bastón de ferro do ancián, vénceno e
apodéranse da chave do calabozo onde encerraba as cativas,
deixándoo a el pechado alí para sempre. Desde aquela comeron
chícharos a moreas nos almorzos, nas comidas e nas ceas. E o burro, o
mil razas, a cabra e a oca rifaron os bigotes e as barbas de Verlioka. Con
moi pouco texto, as ilustracións rotundas deste álbum facilitan
unha doada lectura visual dos máis pequenos. |