| Isabel Cao:
O verdadeiro señor Pepe Ilustracións de Xaime Asensi Col. Elefante Contacontos, 30 Ed. Ir Indo. Vigo, 2002 |
|
O
señor Pepe traballa as viñas de sol a sol, e no outono
axúdanlle moitos amigos e parentes na vendima. Un día que andaba
vestido como un espantallo, cun sombreiro de palla moi grande, unha
máquina de sulfatar ao lombo e a cara cuberta cunha carauta, que
talmente parecía un astronauta, un forasteiro moi ben vestido
propúxolle que lle vendese o viño. Na casa, a muller quere
comprar cos cartos da venda un traxe para a festa de San Roque. Pero o
campesiño vai facer un boneco xigante de palla con roupa vella e centos
de globos de cores con mensaxes de paz para que alegren a verbena. O día
da festa, Xaquín, o comprador do viño, que nun primeiro momento
non recoñece a Pepe (que coñecera vestido daquel xeito
estrafalario) cando este lle di en broma que é o seu irmán
xemelgo, mercalle todo o viño. |
|