 |
Adaptación do texto clásico de H.C. Andersen na
que unha rapaza que vendía mistos pola rúa a noite de Noiteboa,
descalza e con frío, como non vendeu nada, non se atreveu a volver
á casa. Triste, lembraba o tempo fermoso no que a súa avoa
vivía. Para escorrentar o frío, prendeu un misto, que botou
unha luz encantadora e trasladouna a un cuarto con calor; pero logo se apagou.
Intentouno con outro e atopouse nun comedor cunha mesa suculenta, que
desapareceu ao se consumir o misto. Acendeu un terceiro e apareceu un fermoso
belén cunha árbore con luces de cores que subiron ata o ceo e
convertéronse en estrelas. Unha delas caeu: era un cometa. Recordou
entón o que lle dicía a avoa: cando unha estrela baixa do ceo
alguén sobe ocupar o seu lugar. O cometa era a súa avoa, a quen
lle pediu que a levase con ela. E levouna. Cheas as dúas de ledicia,
voaron moi alto. A xente, ao vela aterecida, pensou que morrera conxelada
de frío, pero a súa cara era de felicidade. Vivira tamén
as ilusións de Noiteboa. |