|
Charo
Pita: Velliñas |
![]() |
Había unha vez
dúas velliñas que só podían comer sopa de auga,
á que os domingos lle engadían un fideo. Un día, Antea
atopou unha faba que, cando ía botarlla á sopa, escorregou ata o
chan, e dela xurdiu unha planta que medrou, chegando ao ceo. Antea subiu pola
fabeira ata dar cun muíño do que saían saboroso manxares,
dos que se fartou. De volta na casa, cando llo contou a Filipa, quixo esta
tamén matar a fame e subiron as dúas. Mais non tivo forzas para
chegar Filipa, que caeu ao chan e aterrou pola cociña, ciscada en
anacos. Con fariña, leite, ovos e azucre que lle emprestou unha
veciña, fixo Antea unha masa coa que pegou os anacos da
compañeira. Como lle faltaba un óso, puxo no seu lugar un anaco
da planta das fabas. Logo, cortou para ela un traxe de carne e coseulle un
abrigo de pel. Finalmente, cantoulle un conxuro ata que Filipa falou de novo.
Agora, as dúas velliñas aínda viven xuntas e cando
teñen fame de aventuras soben ao ceo e danse unha
enchente. |
|
traducións |
|