blix



Xosé A. Perozo: Vanesa non quere ser princesa
Ilustracións de Xaime Asensi

Col. Bolboreta, 3. Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2004

Vanesa non quere ser princesa

Como a nai de Vanesa soñaba con contos de fadas e castelos encantados, cando naceu puxéronlle no berce unha estrela de princesa. A nai pediulles ás fadas dos contos que a súa filla fose unha fermosa princesa e elas concedéronllo tocándolle coa variña máxica na cabeza e logo celebraron un banquete. Mais unha vella fada que non fora convidada anunciou que a rapaza sería o que ela quixese. Aínda que o pai estivo de acordo, a nai teimaba na súa idea, pero non puido mandala a un colexio de princesas porque xa non hai e estudou no do barrio. Cando tivo oito anos Vanesa díxolle un luns á nai que quería ser mestra; o martes, doutora; o mércores, arquitecta; o xoves, xuíza; o venres, xornalista; o sábado, actriz; o domingo, astronauta. Pola primavera, se cadra pode ser escritora. Agora que é verán, teima Vanesa en non querer ser princesa. Calquera sabe o que pode ser...
En todo caso, o que si quere é ser libre para decidir por si mesma.
Álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 22x21 cm.                                                          ISBN    84-7824-419-0



Opinion