blix



Luís Ben: Van de merenda
Ilustracións de Luís Ben

Col. Uxía es os Pillabáns, 3. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2006

Van de merenda

Como vai un día estupendo, Uxía e os seus tres amigos van de merenda ao campo. Cando están poñendo o mantel, aparece un esquío que, como un convidado máis, quere probar os bocadillos de chourizo. Fito bótao, enfadado. Fito axita o refresco antes de abrilo e molla a Pipo. Ao rematar a merenda, poñen música e pegan a bailar. Mais a chuvisca fainos interromper a festa e liscan a toda présa, non sen antes deixar todo recollido, pois o campo é de todos.
Nova entrega desta serie de aventuras dos catro amigos, na que as ilustracións xogan un papel moi relevante ao servicio do texto mínimo, de dúas liñas.

20 p. - 16x19 cm.                                               ISBN     84-7824-486-7



Opinion