|
Paulo ía ter un irmán. Axiña lle medrou a
barriga á mai como un globo. E, como estaba cansa, deixou de ir pasear
con el polo parque ou a praia, a pegar pinchacarneiros na area. Un
día atopou no seu cuarto un berce e cestas con roupa e pouco despois
apareceu a irmá, Lara, e entón a mai xa non tivo tempo para
seguirlle facendo a torta de chocolate. Cando viñan visitas á
casa, ignorábano a el. Paulo tiña agora un grande problema.
Empezou a enredar noutros pasatempos: pintar nas paredes, agacharse debaixo da
cama ou tardar demasiado en facer o pis. O mesmo deu en facer Lara cando
medrou. Así, tamén ela coñeceu as malas pulgas da mai. En
realidade, parecíase a seu irmán. Daquela Paulo sentiu que ela
tamén tiña un problema grande. Espléndida
edición na que as rotundas ilustracións, cun interesante xogo de
perspectivas, cumpren unha función moi relevante. |