 |
Orm, neno sueco de cinco anos, emprende co seu pai unha viaxe
no barco Aegir. A nai, Ingrid, entrégalle un saquiño con
ámbar e un colar de ouro, "por se acaso". A viaxe era tranquila ata
que un vento entolecido e unhas ondas enormes destruíron o barco.
Agarrados a unha táboa do timón chegaron á costa dun
país descoñecido, onde a xente, desconfiada, escapaba deles
porque, noutrora, sufriran ataques de guerreiros do norte. Unha
rapaciña, Sara, acolleunos na súa casa. Os pais
recibíronos cunha gran festa e regaláronlles cabalos para que
puidesen regresar á súa terra. Orm agasallounos cos presentes que
traía. E prometeulle a Sara que algún día había
volver. |