| María
Reimóndez: Unha viaxe no tempo Ilustracións de Lino Sánchez Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2006 |
![]() |
Os
tres amigos reciben unha chamada dos veciños da comarca de Quiroga pois
pásanlles cousas estrañas aos turistas, que marchan
aqueloutrados, con roupas peculiares. A guía agárdaos no encoro
de San Estevo e logo de visitar os canóns do Sil transfórmase
nunha figura máxica. Porque é un espírito da fraga que os
transporta no espazo e no tempo. Así, no Castro da Torre desaparecen,
reaparecendo no túnel de Montefurado, no tempo dos romanos, que
pretenden que traballen como uns escravos máis buscando pebidas de ouro
nas médulas. No Castelo de Torrenovaes, atópanse con outros dous
rapaces e un can, idénticos a eles, que están a facer o
Camiño de Santiago. Van tamén á Ferrería de Seoane
do Caurel, ao Muíño de Bendilló e acaban no
catamarán de Augasmestas. Ulises colléralles unha pebida de ouro
aos romanos, mais Xoana, a guía que agora colleu a forma de bolboreta,
levarállela de volta. |
|