| Luís Ben: Unha
tarde no cine Ilustracións de Luís Ben Col. Uxía es os Pillabáns, 2. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2006 |
|
Os Pillabáns van ao cine para ver a nova película de
Perucho, o superheroe de moda. Antes de entrar aprovisiónanse de flocos de millo e
bebida. Entre tanta xente que hai na sala, por fin atopan sitio, aínda que Noa vai
deixando caer ao seu paso flocos de millo para recoñecer a saída. Comeza a
película. O acomodador vén chamarlle a atención a Pipo porque berra
entusiasmado. Fito ten que saír ao cuarto de baño. E tanto lles gustou o
que viron no cine, que ao día seguinte no parque todos queren xogar a ser
superheroes. |
|