blix



Manuel María: Unha sombra vai polo camiño / Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos
Ilustracións de Norberto Fernández

Col. Vouche contar un conto
Edicións Xerais. Vigo, 1991

Unha sombra vai...

Unha sombra vai polo camiño relata a historia dun guerreiro retratado nunha das vellas pinturas murais da Catedral de Mondoñedo que representan a Degolación dos Santos Inocentes. Segundo o autor, contoulla Álvaro Cunqueiro. Na época de Herodes, Galiza era o remate dunha peregrinación a Fisterra, a fin do mundo, para adorar a Ara Solis, o templo do Sol, seguindo o que logo se coñecería como Camiño de Santiago. Na noite dun 28 de Nadal chegou á pousada do Ferradal, preto de Palas de Rei, un peregrino, quen logo de cear fixo que un cabelo da filla moza dos pousadeiros se convertese nunha enorme cobra ao son máxico da súa frauta de buxo, recuperando a súa forma ao cesar a música. Dixo ser Zacarías, xudeu mandado por Herodes para vir anunciar en Fisterra a Degolación dos Santos Inocentes. Deloutro día, seguiu camiño
En Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos conta dos tempos recuados nos que a Terra estaba chea de dinosauros, seres enormes e monstruosos que tiñan atemorizada á xente, que só saía de noite, cando eles estaban durmindo. Fiz, un neno de trece anos intelixente e destemido, certo día de sol primaveral saíu tomar a raxeira. Axiña foi rodeado por un exército deles e conducido á corte do Rei dos Dinosauros, a quen lle reprocha a súa fealdade, consecuencia da maldade, como pode comprobar no espello da lagoa. Ao se mirar, o rei pegou a chorar, e con el a nación dos dinosauros. As súas bágoas fixeron medrar a lagoa, que asolagou as terras que formaban a Antártidatodo. Eles encolleron por tal perda de auga: son os actuais lagartos, que, avergoñados da súa pequenez, viven agachados entre as penas. Desde entón axente abandonou para sempre as covas e no ceo aparecen as fermosas luces que chamamos Arco da Vella, lembranza dunha época superada gracias á valentía de Fiz.
Como nos outros volumes da colección, a ilustración ocupa a maior parte da páxina. As páxinas centrais conteñen un xogo visual relacionado cos dous textos, que figuran tamén nunha casete na voz do autor.

20 p. - 21x28 cm.                                                     ISBN    84-7507-591-6



Opinion