blix



Xosé Antonio Perozo: Unha mensaxe para Sara
Ilustracións de Andrés Meixide

Col. Branco de cores, 1. Ed. Sotelo Blanco / Consorcio de Santiago
Santiago de Compostela, 2006

Unha mensaxe para Sara

Sara soñou que a fonte da Alameda de Santiago botaba caramelos, e logo chorros de refresco. A avoa, que non falaba, nunha cadeira de brazos, dixo: é a fonte dos desexos. Entón, Sara desexou que a súa avoa falase sempre, como facía no soño. Das billas da fonte comezaron a caer palabras que, rebordándoa, rodaban por todos os recantos da Alameda compoñendo mesmo cancións. Algunhas eran nomes de paxaros e voaban; outras, nomes de plantas que compoñían paisaxes fantásticas de palabras vivas. Sara comezou a xogar coas palabras e abrazouse á escultura das Dúas Marías. Unha delas, Coralia, díxolle que a avoa tiña unha mensaxe para ela. Entón espertou.
Foi onda a avoa, que lle apertou un pouco a man e asentindo cos ollos díxolle, sinalando obxectos, as nove palabras da mensaxe: prata, da bandexa de prata, cabalo, do cabalo de porcelana, fonte, da foto cunha fonte de fondo... porque as palabras estaban agochadas nas cousas, eran o seu nome verdadeiro. Xuntadas as palabras, non lles atopaba sentido. Xogando na Praza das Praterías caeu na conta de que alí estaban as tres primeiras palabras. Alí preguntoulle ao cabalo que parecía menos serio, Branco -que pode ser de cores se quere-. Este paseouna no seu lombo sobre Santiago, e díxolle que se se fose despedindo ("Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos..."). Levouna até o monumento a Rosalía para que comprendese que todas as palabras da mensaxe están no poema rodaliano, porque a avoa quería que llo lese. Rosalía deulle o seu "Cantares Gallegos" e volveron á praza. O cabalo seguiu a botar auga pola boca coma sempre.
Ela foi ao cuarto da avoa Carme e comezou a a lerlle os versos de Rosalía. Daquela, a avoa sorriu.
Historia en formato álbum que se ambienta nos espazos representativos da cidade.

28 p. - 23x22 cm.                                                      ISBN    978-84-7824-506-5



Opinion