 |
O vello reloxo do
Concello tiña cada vez máis avarías, pois a unha non
facía máis que chorar porque as outras horas non falaban con ela
por estar moi ocupadas. Por iso un día decidiu marchar coñecer
mundo. Á noitiña recolleuse no taller dun reloxeiro.
Alí coñeceu a Saturniño, un reloxo de parede antigo; a
Gumersindo, un de peto; a Cachirulo, o de cuco que pretendía que o seu
paxaro asubiase en vez de seguir sempre co seu cucú, e a un reloxo
dixital, só con números e sen agullas. Quedou durmida onda eles e
acordouna Repenique, o espertador, que lle explicou que é unha hora
importante, xa que á unha saen os nenos da escola e a xente vai comer,
polo que debe volver ao seu reloxo. Convencida, marchou a unha para alá
e chegou faltando segundos para a súa hora. Todas as agullas a recibiron
moi contentas. E nese momento en toda a vila escoitouse UNHA gran
badalada. |