blix



Mon Daporta: Un conto de galiñas
Ilustracións de Mon Daporta

Col. Un conto de... Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

Un conto de galiņas

Conta a voz narradora que tiña dez galiñas no galiñeiro, pero foi quedando sen ningunha porque, sucesivamente e de unha en unha, fóronlle desaparecendo todas por razóns diferentes: marchando cun galo, sen volver do recado, caendo polo retrete, perdéndose, quedando no baile, roubada por un gato, saíndo de troula cun inglés, indo de paseo, fuxindo cara á lúa ou, a última, afogando nun regueiro. Pero como así era unha tristeza o galiñeiro volveu ter outras dez, e novamente de unha en unha: compradas, regaladas ou atopadas nun burato, nun paquete, revoando polo aire... Entón o galiñeiro baleiro volveu estar cheo outra vez.
Con esta historia escrita en cuartetas de doada lectura, os lectores e lectoras aprenden a contar até dez, tamén en orde inversa. A edición en capa dura destaca polas ilustracións a cores a toda páxina e un formato manexable, resistente e orixinal.

24 p. - 12x31 cm.                                                            ISBN    84-96403-80-7



Opinion