blix



Xoán Babarro: Un circo de nubes
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2000

Un circo de nubes

O ceo é un extraordinario espectáculo de nubes que desfilan divertidas: saltan como equilibristas (a catro ensaia un pinchagato, a cinco un brinco), cantan (a nove faino mal e chove), disfrázanse (a seis, con xerseis), corren (a sete, nun patinete), brincan cos animais (a vintedúas con ambas as cacatúas); aínda que algunha non participa da festa e queda durmida (a vintesete: espertouna un foguete), todas se puxeron guapas (a trinta e tres presume cos seus és ao revés). Pero despois hai tormenta (neva e chove pola trinta e nove) e asoláganse as rúas coa corenta e dúas... que acaba coa corenta e cinco, despois de moito brinco, cando chegan unha lúa e un sol que brincan ao voleibol coas nubes alegres.
E aínda quedan dúas nubes: a corenta e seis, perdida entre os andeis, onde agacha Babarro galletas e ilusións, e a corenta e sete, montada nun cabalete de Xosé Cobas, que transformou nunha festa tamén para a vista este xogo de rimas de nubes.

48 p. - 21x19 cm.                                                               ISBN    84-403-0406-4



Opinion