blix



Mª Victoria Moreno: ¿Un cachiño de bica?
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. O Barco de Vapor, Serie Branca, 12. Eds. S.M. Madrid 1994

¿Un cachiño de bica?

É este un conto en verso ledo como os ollos dun can e a voz dun neno.
Trata dun almorzo no que as letras que veñen na cunca empezan a brincar e contar que a cadela Nica vai con Iván deica a escola e queda triste polo que el regálaa cun anaco de bica que tan ben lle sabe. Vén a hora de xantar e os espaguetis enfian as letras do almorzo para seguir contando da tristeza da cadela na agarda de que o neno saia da escola. Na auga da cea e as estrelas da sopa Nica e Iván fan unha festa do reencontro na que o narrador non pode menos que participar.
Este emotivo canto á amizade cun can complétase cunhas moi fermosas ilustracións.

64 p. - 19x12 cm.                                                 ISBN    84-348-4444-3



Opinion