blix



Mon Daporta: Un becho estraño
Ilustracións de Óscar Villán

Ed. Faktoría K de Libros. Vigo, 2009


Un becho estraño

Conta o narrador que atopou un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco, con dous pés e un longo rabo, brazos cos dediños estirados, nariz en lugar de embigo, dous olliños sen pestanas nin cellas e sentábase nas orellas. E isto visto do dereito resulta ser un rato, a quen un raio deixou desorellado, co susto pechou os ollos, levoulle o vento o nariz, a chuvia borroulle brazos e mans, co medo perdeu os pés e o rabo, e quedou pelado como un ovo, que é un becho estraño...
Libro en cartón duro con texto mínimo rimado e un ritmo marcado por versos de oito sílabas. Seguindo a fórmula dos chamados "contos sen fin", ten unha estrutura circular na que avanzan parellos o texto e a ilustración ata un final que se transforma no comezo, xirando o libro. Cun traballo de ilustración mínimo pero dobremente atraente polo impacto visual e o xogo da lectura circular.

14 p. - 16x21 cm.                                               ISBN    978-84-96957-66-4



 traducións 

castelan

Un bicho extraño
Il. Óscar Villán - Trad. Chema Heras
Ed. Faktoría K de Libros. Vigo, 2009
14 p. - 17,5x22 cm / ISBN: 978-84-96957-66-4

catalán

Una estranya bestiola
Il. Óscar Villán - Trad. Joan Barahona Casellas
Edicions Hipotesi. Barcelona, 2010
14 p. - 17,5x22 cm / ISBN: 978-84-937469-4-0

Euskera

Piztia arraro bat
Il. Óscar Villán - Trad. Manu López Gaseni
Col. Tamaina handia. Ed. Faktoría K de Libros/ Pamiela. Iruñea, 2010
14 p. - 17,5x22 cm / ISBN: 978-84-7681-611-0

catalán

Um bicho estranho
Il. Óscar Villán - Trad. Ana M. Noronha
Col. Livros para sonhar. Ed. Kalandraka Portugal. Matosinhos, 2009
14 p. - 17,5x22 cm / ISBN: 978-989-8205-16-2



Opinion