blix



Ánxeles Ferrer: Tres princesas namoradas
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006

Tres princesas namoradas

Tres irmás princesas, Aldonza, Fabiana e Drusila, vivían nunha vella torre que herdaran de seu pai. A Fabiana gustáballe saír cazar no seu cabalo polos montes dos arredores; Drusila pasaba o tempo coidando as flores do xardín e a Aldonza gustáballe mirar as estrelas desde o máis alto da torre. Vivían en harmonía de non ser polo cabaleiro Bernal, que vivía nun castelo veciño: el estaba namorado das tres irmás e as tres, namoradas del. Unha noite, elas decidiron que tería que escoller a unha. Fóronllo dicir e el contestou que tomaría por esposa a aquela que tecese para el o xibón máis fermoso. Durante moitas noites de inverno teceron cadanseu xibón: de moitas cores o de Drusila e Fabiana, coma un ceo de estrelas o de Aldonza. Cando os tiñan tendidos ao sol, as outras irmás agarcharon, envexosas, o xibón desta. Pasados uns días, devolvéronllo e ela perdooulles.
E acordaron ir pedirlle consello á madriña, a maga Dorinda. A súa bóla máxica dixo que debía ser el quen tecese unha capa para cada unha das tres. Bernal aprendeu a tecer e durante moitas noites teceu ata facer as tres capas. Unha delas era case igualiña á de Aldonza. Decatáronse así de que estaban namorados. E casaron.
Desde aquela, o belo Bernal fixolle a Aldonza moitas mantas para que nos longos invernos estivese ben abrigada.
Álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

32 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN     987-84-8288-957-3



.  
RECENSIÓNS

  .  Historia de tres princesas (La Voz de Galicia)


Tres princesas namoradas . Ánxeles Ferrer: Tres princesas namoradas
Ilustracións de Ánxeles Ferrer


Col. No país dos contos, 8
Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007


Reedición noutra colección


28 p -18x20 cm ISBN   84-9815-790-0/978-84-8288-987-0



Opinion