|
Xosé
Ballesteros: Os tres porquiños |
![]() |
Tres porquiños que vivían no bosque oíron que roldaba por alí un lobo feroz. Para protexerse, fixeron cadansúa casa: o máis novo e preguiceiro, de palla; o mediano, de madeira; o máis vello, que era moi traballador, fíxoa de pedra. Cando o lobo chegou, derrubou soprando a casa do primeiro; tamén a do segundo. Refuxiados os tres na casa de pedra, nin soprando nin golpeando puido con ela. Entrou pola cheminea, pero agardábao unha pota fervendo, pois o maior dos porquiños adiviñáralle a intención. E liscou queimado e sen merenda. |
|