| Marisa
Núñez: Tres osos Ilustracións de Minako Chiba Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007 |
![]() |
Había unha vez tres osos que vivían nunha cabana
do bosque. Unha mañá, Oso Grande preparou unhas papas con mel moi
ricas e botounas en tres cuncas: nunha grande, para Oso Grande; na mediana,
para Osa Mediana; e na pequena para Oso Pequeno. Como aínda estaban
quentes, saíron dar un paseo antes de almorzar. Ao pouco achegouse
á cabana Riciños de Ouro, unha rapaza que non probara aquela
mañá nin unha migalla de pan. Viu pola xanela as papas e como a
porta estaba aberta entrou. Probou as papas da cunca grande, pero estaban moi
quentes; as da mediana, moi frías; pero as da pequena estaban no punto e
comeunas todas. Logo, sentouse, pero a cadeira grande era moi alta; a mediana,
moi baixa; e a pequena, moi cómoda, polo que se sentou nela e acabou
rompéndoa. Subiu á habitación, onde a cama grande era moi
dura; a mediana, moi branda; e a pequena como lle gustaba a ela, polo que
quedou durmida. |
|