| Marta Rivera Ferner:
Tres gatos cantores Ilustracións de Marta Rivera Ferner Col. Montaña Encantada. Serie Azul Ed. Everest Galicia. León, 2003 |
![]() |
Unha desas noites de luar, Un, Dous e Tres, os gatos do outeiro,
decidiron botar unha serenata desde o tellado. A lúa aplaudiu entusiasmada, mais a
xente guindáballes zapatos pois non paraban de cantar. Ninguén podía
durmir. A gata Catro espertou e, algo encabuxada porque lle escorrentaran o sono, foi
buscar as amigas Cinco e Seis. Tiñan que facelos calar de modo que non se sentisen
ofendidos. |
|