blix



Eva Mejuto: Tres desexos
Ilustracións de Gabriel Pacheco

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007

Tres desexos

Había unha vez unha vella e un vello que vivían nunha casa moi pequena e, a falta doutra cousa, tiñan un anaco de pan espetado nun pau a dar voltas no lume da lareira, pois tampuoco tiñan fillos que manter nin terras que cavar. De súpeto oíron ruídos no tellado e pensaron que se era un trasno na noite de lúa ben podería cumprirlles un desexo, polo que comezaron a pensar en voz alta que pedirían unha dentadura nova para el, de ouro engadiu ela, e comida dabondo, cen traxes novos e un palacio de diamantes.
Entón caeu pola cheminea un papel que os animaba a pedir tres desexos. Cavilando, a vella pensou que querería ter nese momento un chourizo para meter no pan. Entón apareceu un pola cheminea. Ao velo, o vello enfadouse por ela malgastar a oportunidade, considerándoa merecente de que se lle quedase apegado na cara para sempre. E nesas o chourizo instalouse na nariz da vella, polo que ela sentiuse triste tan ridícula e a el non lle quedou outra que renunciar a un desexo maior e por vela feliz desexou que o chourizo se lle desapegase. E, efectivamente, volveuse espetar no pan.
Así, non tiveron palacio de diamantes, pero comeron pan con chourizo e soñaron felices todas as noites de lúa.
Adaptación a partir dun conto tradicional portugués editada en formato de álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

44 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96573-53-6



Opinion