|
Hai moitos anos vivía un rei que gastaba os cartos do
país en estrear traxes novos. Un día apareceron dous moinantes
alfaiates que dixeron que podian facer un traxe invisible para os tontos,
ineptos ou ladróns. Fixeron que facían e cando os enviados reais
foron mirar, para que ninguén dubidase deles, dixeron que era unha
marabilla malia non existir. O rei créullelo e saíu desfilar con
el "posto". Ninguén, por non quedar de tonto, inepto ou ladrón,
ousou dicir que ía nu. Só un neno pegou a berrar que ía
espido. Pero o rei estirouse máis e os camarlengos seguiron tirando dun
manto que non existía. Fermosa adaptación do conto
clásico de Andersen |