| María
Reimóndez: O trasno burlón Ilustracións de Lino Sánchez Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2006 |
![]() |
Brais recibe unha carta do amigo Minquiños para que
vaian coñecer a comarca de A Coruña. E alá van os tres
amigos. Mais como é un trasno burlón, enfeitiza ao rapaz, que se
cre Hércules onde a torre do seu nome. O trasno dilles que para
desenfeitizalo terán que xogar con el, que irán deixando pistas
até que compoñan unha vasilla. E así o fan pasando polo
Castelo de San Antón e o de Santa Cruz, a Praza de María Pita, a
Igrexa de Santiago e a de Cambre, o Pazo de Mariñán e mais o de
Meirás, sen esquecer o aeroporto de Alvedro nin o porto, onde finalmente
se recompón a vasilla, danlle de beber a Brais, que recupera a
normalidade, e ven como o trasno burlón se despide deles dende un
barco. |
|