blix



Xulio Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar
Ilustracións de Montse Ginesta

Col. Ala Delta, 17. Serie Vermella
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1992

Trabalinguas para xogar

Recolleita de vinteún trabalinguas populares que supoñen un intento de recuperación desta parte do noso patrimonio cultural, cada vez menos presente na memoria colectiva. Estes xogos de linguaxe nos que as palabras, reais ou creadas para a ocasión, resístense a pousar nas boca dos máis pequenos, son diversos na dificultade pero en todos eles o ritmo e a eufonía ocupan o centro de atención.
A concepción lúdica da edición, con ilustracións que permiten unha segunda e atractiva lectura, completa magnificamente o interese da obra.

48 p. - 18x13 cm.                                        ISBN    84-263-2140-2



Opinion