| Carlos Casares:
Toribio revoluciona o tráfico Ilustracións de Penélope Ares Col. Árbore, 69. Serie Vermella Editorial Galaxia. Vigo, 1994 |
![]() |
Cando Toribio experimenta con coches en miniatura
o Adiantador Lineal de Seguridade, que fai saír unha rampla do coche que
vai diante permitindo así adiantamentos seguros, o profesor Smith
intenta boicotearllo. Pode ser moi perigoso no futuro un Smith dese
tamaño mínimo, polo que cómpre contarrestar o efecto do
seu Reductor Corporal Ilimitado, capaz de reducir un elefante ao tamaño
dun piollo. Envíalle entón a Ra dos Recados ao profesor Pardau e
este remítelle un aumentador de cousas e persoas. |
|