blix



Mon Daporta Padín: A tortilla
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 12. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003


A tortilla

Como había tempo que non se vían Luísa e os amigos, celebraron o reencontro facendo unha tortilla entre todos: o saltón e o grilo foron á leña e a ra Rita fixo a fogueira; a araña María trouxo o mantel que cosera ela; o ourizo Rufo trouxo as patacas, que pelaron Luísa e Roxelio; a carriza Aurora mercoulle os ovos a unha galiña amiga; o moucho Rubén trouxo aceite que lle prestou a curuxa; o lagarto Alberte foi na bicicleta polo sal; a toupeira Rosa frixiu as patacas, bateu os ovos, mesturouno todo na tixola e púxoa no punto. Pero de tanto probala comeuna ela toda e deixounos sen nada.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o conto, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-10-6



Opinion