| Carlos Casares:
Toribio contra o profesor Smith Ilustracións de Penélope Ares Col. Árbore, 38. Serie Vermella Editorial Galaxia. Vigo, 1991 |
![]() |
Toribio descobre que o profesor Smith está
argallando converter a Basílica de San Pedro de Roma nun edificio de
Manhattan. Gracias á Goma de Borrar Disparates do profesor Pardau e co
seu Telebrazo Universal Laserizado frústralle o intento. Pero Smith, que
anda tamén a voltas cun terrible invento, o Chimpapaxaros,
víngase co seu Telepuño Universal Articulado. Entón acode
na axuda do rapaz o ruso Papafigovich accionando o Telecarracho Percutor
Ultrarrápido. |
|