blix



Xerardo Quintiá: Titiritesa
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007

Titiritesa

No reino de Trasantonte vivía a princesa Titiritesa. O que máis lle gustaba era comer terróns de azucre e enlamarse nas pozas, cousa que facía rabiar á súa mai, a raíña Mandolina, que soñaba con vela casada. Ela soñaba con explorar o mundo nun cabalo azul. E seu pai non soñaba nada: roncaba estomballado boca arriba. Un día que a súa mai anunciou que ía ter unha institutriz que lle aprendería maneiras de princesa, ela fuxiu de casa. Polo camiño atopou un burro sen nome. Como ela lle regalou o nome de Bufaldino, aceptou acompañala.
E chegaron ao reino de Pasadomañá. O seu rei, Godofredo, estaba chorando porque o monstro Paposete Dumbocado raptara a su hija Wendolina. Foi no seu rescate a princesa co burro e convenceu ao monstro de que se fixese vexetariano e liberara a princesa a cambio de lle aprender a tocar a frauta e un xersei novo. E mesmo os acompañou até o reino de Pasadomañá. Na viaxe, as dúas mozas sentiron un airiño trangalleiro que lles fixo cóxegas no pensamento. Durmiron xuntas e aquela noite soñaron que voaban no lombo de Bufaldino, que Xan Dacova, o inventor de palabras, lles regalaba a palabra que chama pola risa, Trukulutrú, e que se bicaban unha e outra vez no Soño Azul.
Cando chegaron xunto a Godofredo, dixéronlle que eran noivas e querían casar. Estando en plena cerimonia da voda, apareceu Mandolina quen, ao saber que a súa filla ía casar con outra muller, caeu sete veces sen sentido. Mais cando a princesa lle berrou á súa mai a palabra que chama pola risa, ela pegou a rir. Entón todos quedaron contentos.
E as dúas princesas marcharon á busca do Soño Azul a cabalo de Bufaldino.
Historia editada en formato álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

44 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96788-94-7



Opinion