|
Xosé
Ballesteros: Tío Lobo |
![]() |
Érase unha vez
unha nena moi larpeira que por non tematar as tarefas non puido probar as
chulas ás que convidou a mestra na véspera do Entroido. Chegou
chorando á casa, polo que a mai dispúxose a facerllas,
aínda que antes tería que ir pedirlle a tixola a Tío Lobo.
Este emprestoulla a cambio de que ao volverlla lle trouxese unha ducia de
chulas, pan e viño. Utilizada a tixola, íalla volver
levándolle o prometido, pero polo camiño venceuna a
tentación e acaboulle todo. Intentando enganalo, levoulle chulas de
bosta de burra, auga sucia en vez do viño e cemento envolto no papel do
pan. Cando o lobo descubriu a trapela, a nena fuxiu. |
|
traducións |
|
| recensións |
|