blix



Xan López Domínguez: Teodomiro soña con dragóns
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2000

Teodomiro soña con dragóns

Teodomiro soña arreo con dragóns. Nas fontes e nos ocos das árbores. Son grandes como casas ou pequenos como bichos bóla e viven entre nós: mesmo ás veces camiñamos dentro deles. Son de diferentes cores. Poden ser feroces ou mansos. Correr ou voar. Un está namorado do luar e hainos agachados nas ondas do mar.
Teodomiro é moi velliño e non ha tardar en deixar de soñar. Se cadra, calquera noite destas un dragón pequeniño rozará lixeiramente co rabo no recuncho dos seus soños. Mentres, segue soñando con dragóns.
E, os lectores desta espléndida edición, co excepcional traballo de ilustración.

48 p. - 21x19 cm.                                                             ISBN    84-403-0396-3



Opinion