blix



Xoán Babarro González: A tea de araña que todo o apaña
Ilustracións de Isabel Caruncho

Col. Tren Azul, 5. Edebé-Rodeira
A Coruña, 1998

A tea de araņa...

A tea de araña que todo o apaña pillou sucesivamente: unha bolboreta, unha cascuda, un grande tabán, unha vacaloura, a boa xoaniña, a audaz parraguesa, a alegre chicharra, a negra formiga, o ledo abellón, o brillante grilo, un escaravello, o peixe de prata e... tamaño elefante, que empezou a bambear tanto que a deixou sen forzas e tivo que soltalos a todos. Daquela, marcharon contentos no lombo do elefante polo mundo adiante e a araña, ao verse sen cea, quedouse muda.
Conto rimado cunha estructura en dúas partes, que alternan ao longo do texto: na primeira, a tea de araña é quen vai capturando os outros animais; na segunda, cóntasenos que estes fanse amigos, nunha estructura acumulativa na que se van incorporando cada un deles, repetindo os versos precedentes.

32 p. - 18x19 cm.                                                          ISBN    84-8116-665-0



Opinion