| Xaquín
Marín: Tartaruga Ilustracións de Xaquín Marín Col. Xiz de Cor, 11. Ed. Baía. A Coruña, 2007 |
|
Conta con humor a tartaruga o seu paseo: lento, pero seguro; de
pasos curtos (ou será que é longo o camiño?). Nel atopa de
todo: tartaruga con casco de fórmula 1; o caracol que tamén leva
a casa a costas; a lebre que a reta a unha carreira; a lagartixa, veloz pero
sen cuncha; as formigas que se deixan levar en rea; a araña que vive
pendente dun fío; o sapo papamoscas; o lobo ante o que cómpre
agocharse na cuncha... Aínda que os peores son os seres "intelixentes",
que cada vez poñen máis atrancos no camiño. |
|