| Eduardo
Pérez Baamonde: Tanta Miga e a súa
barriga Ilustracións de Eduardo Pérez Baamonde Col. Xiz de Cor, 7. Ed. Baía. A Coruña, 2005 |
|
Tanta Miga vive nunha pequena e fermosa vila mariñeira;
alí vai á escola, monta nas dornas e co bo tempo toma o sol e
báñase no espigón. Avelino é un vello pescador que
xa non vai ao mar e deixa que os nenos xoguen na súa casetiña,
onde gardan lambetadas, cantan, bailan e fan teatro. Cando celebraron o
aniversario de tres amigos da panda, a rapaza, como é moi lambona,
zampou tantos doces e tortas que se quedou durmida. Ao espertar tanto lle
medrara a barriga que non foi quen de saír pola porta. Pero os amigos
atoparon a solución: cantaron e ela bailou, ata que pola porta lle
entrou a barriga. Entón puido saír. |
|