 |
Onde nace o horizonte,
ao mundo saíulle unha montaña no mar. Nela álzase a vila
de Suca, na que todas as persoas e as cousas son desatinadas. O mar
constrúe castelos de area coas ondas; as quenlllas non traban, ladran.
Na fraga, algunhas árbores cóbranlles aluguer polos seus
niños aos paxaros, que cantan primorosamente porque van ao
Conservatorio. Na Praza Maior, cadrada de día e redonda de noite, as
pombas traen as súas estatuas para se pousar e ao chegar a noite o
reloxo dorme un chisco. A escola é moi divertida: van os números
e mesmo o mar foi aprender a facer ondas. O arco da vella, roto por unha
tormenta, está pegado con cinta adhesiva. Os labregos en vez de pelo
teñen trigo. O outono pinta as follas de moitas cores e é tan
educado que as tira na papeleira... Suca non existe nos mapas:
soñouna un neno. Cando esperte, os sucanianos deixarán de
ser. |