blix



Helena Villar Janeiro: O souto do anano
Ilustracións de Marta Álvarez

Col. Infantil-Xuvenil.Serie Amarela.Obradoiro-Alfaguara.Santiago de Compostela,2007

O souto do anano

No souto do ananiño, entre o río e o ceo, cantan o malvís e o ouriol mentres o peto toca o tambor, o grilo ensaia o seu cri-cri, o moucho espía e pregoa que o catarro se cura con mel, pasea o caracol co seu traxe de paraugas e o seu zapato de esquí, o raposo non sabe que pés levan luvas e cales carpín, a araña tece mantas de prata e sabas de liño, a lebre varre a casa para a festa, a flor ofrécelle un pétalo para a súa saia á bolboreta...
Alí medra e florece a póla do nariz de Pinocho, instálanse as fadas, Carapuchiña lévalle a Cinsenta unha mazá e un dragón moi bravucón baixa pola folla.
E entre todos eles, cando chega a noite vestida de sombra e con voz de curuxa a lúa déixase acolar polo mar, o anano le contos de medo, conta as estrelas chamando polo sono e quéntase na lareira. E parécelle ver baleas no río. Até que cala o malvís, "escurece o ceo e o sol fai pis".
Conxunto de versos rápidos e coloristas agrupados en pequenos poemas, que presentan un souto habitado por animais amables e seres do imaxinario infantil, ilustrados cunha percepción visual tamén moi dinámica.

56 p. - 20x12 cm.                                                 ISBN    978-84-8224-761-8



Opinion