blix



X.H. Rivadulla Corcón: O sorriso de Claudia
Ilustracións Andrés Meixide

Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2007

O sorriso de Claudia

Claudia, unha rapaza de 7 anos, estaba durmindo feliz cando de pronto recibiu a visita de Irae, unha Moura do bosque baixiña e delgada, que ten como misión coidar a Natureza. Vén chorosa e pide axuda porque que perdera o corazón da Natureza, que gardara nunha caixa de zapatos cando prendeu lume no bosque.
Claudia contoulle á avoa a visita, e esta aceptou acompañala ao bosque. Nel viron a unha muller sucia e cheirenta, a raíña Lixo, que roubara o corazón e pretende emporcar todo o planeta: as flores murcharán, as augas baixarán luxadas e o aire terá un cheiro insoportable. Ademais, moitos homes e mulleres colaboran con ela contaminando canto poden. Para evitar a destrución do planeta, ofrécelle a Claudia cambiar o corazón da Natureza polo seu sorriso. A rapaza acepta, mais quédalle co sorriso e non lle dá o corazón. A avoa busca entón no "Libro de solucións máxicas para os problemas da vida", no capítulo dos remedios contra os que odian a risa. Nel atopa a solución: moitas persoas rindo ao mesmo tempo fan que os que odian a risa perdan a forza. Entón, co sorriso dos nenos e nenas da escola, conseguen recuperar o corazón da Natureza e a risa de Claudia. Así, Irae levou o corazón e a Natureza volveu estar alegre.
Álbum con ilustracións a toda páxina non integradas tipograficamente co texto.

32 p. - 22x22 cm.                                                          ISBN    987-84-7824-519-2



Opinion