blix



Susana Casal / Xosé López: O soño do galo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

O soņo do galo

Unha noite de verán, cando os animais domésticos descansaban do traballo do día e os do monte saían de caza, un galo noviño tivo un soño estarrecedor: que entrara no curral un animal horroso, rarísimo. Acordou do pesadelo e pegou a berrar. Unha galiña vella aconselloulle pasear un pouco para ventilar a cabeza. Fíxolle caso e descubriu unha raposa, que nunca na súa curta vida vira. Esta tranquilizouno, alegando que viñera atraída polo seu magnífico cantar. El, fachendoso, esqueceu entón o medo. Ela, arteira, gabou tamén o cantar do defunto do pai. O galiño, para demostrarlle que o seu canto aínda era máis afinado, inchou o peito de aire, estarricou o pescozo, pechou os ollos e... antes de que lle saíse unha nota, a raposa botoulle os dentes á gorxa e liscou con el na boca. Alertada polo cacarexar das galiñas, a dona da casa correu tras da ladroa. O galo aconselloulle a esta que o comese antes de que a pillase a ama. Deulle a razón a raposa, pero, ao que abriu a boca, saltou el á póla dun salgueiro. E de alí, coa lección aprendida, negouse a baixar. Deste xeito, o galo noviño aprendeu esa noite unha lección para toda a vida.
Sinxela adaptación do conto popular nunha edición espléndida.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-95350-84-X



Opinion