blix



Tareixa Alonso: Soldadiño de chumbo
Ilustracións de Antonio Caíña

Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002

Soldadiņo de chumbo

Nesta adaptación a partir do texto de Andersen cóntase que había unha vez unha caixa con vintecinco soldados de chumbo, dos que un era diferente: ¡faltáballe unha perna! Onda eles, á porta dun castelo de xoguete había unha bailarina cunha cinta con brillantiño. Ao chegar a noite, cando todos os xoguetes empezaron a moverse, a bailarina e o soldadiño ficaron quedos, sen quitarse ollo. Ás doce, un boneco que asomou dunha caixa ordenoulle ao soldadiño que esquecese a bailarina. Pero el non lle fixo caso. Á mañá seguinte, apareceu colocado onda a ventá e, se cadra polo vento, se cadra polo boneco, caeu á rúa. Recollérono dous rapaces e botárono nun barquiño de papel por un regato feito pola chuvia. Tragouno un sumidoiro e a corrente levouno ata o mar. Alí, un peixe enorme papouno. El seguiu a cavilar na fermosa bailarina.
De súpeto, alguén abriu o peixe e sacouno, colocándoo enriba dunha mesa, onde tamén estaba a bailarina. Emocionados, miráronse e, se cadra por culpa do fachendoso, botárono á cheminea. Ardía, sen deixar de mirar a amada, cando unha corrente de aire a levou tamén a ela. Arderon xuntos.
á mañá seguinte, ao limpar a cheminea, atoparon, unidos para sempre, un brillantiño chamuscado e un anaquiño de chumbo con forma de corazón.

18 p. - 22x22 cm.                                                               ISBN    84-8464-055-8



.  
TRADUCIÓNS

castelan Soldadito de plomo
Il. Antonio Caiña Antonio Caiña - Trad. Tareixa Alonso
Col. Libros para soñar. Kalandraka Ediciones Andalucía. Sevilla, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-9337-558-6



Opinion