| Na virada:
Solaina Ilustracións de Francisco Pérez Porto Kalandraka Editora. Pontevedra, 2006 |
|
Libro que reúne doce cancións de distinta
autoría con pequenos comentarios dos autores sobre a súa
xénese. Hai letras de poetas galegos: A Lugo, de Xosé Lois
García, Coplas sociais de Xico de Cariño, A praia
de Anisia Miranda, Xoaniña Andeira, de Xosé Neira Vilas e
O piñeiral de Xosé Vázquez Pintor. Textos de
procedencia lusófona: Ronda do Soldadinho de José Maria
Branco e mais O Jarrinho e o canto de arrolo, Dorme,
criança, de Fernando Pessoa. E cancións de orixe popular como
As tres comadres e o canto de arrolo A run run, Gabanza dos
maios, de Francisco X. Peña, ou O can de Quin, de Guindeira,
así como unha versión brasileira da tradicional cantiga de roda
Ciranda, Cirandinha. |
|